Hoxe acabou no IES Illa de Arousa unha semana adicada a conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non-Violencia, que cadra co 30 de Xaneiro.
Por unha parte organizamos o Ciclo
Cine para Vivir, Cine para Convivir, co que todas as titorías participamos no visionado e realización de actividades dunha destas películas:
1ºESO:
|
El Señor de las Moscas |
2º ESO e PCPI:
|
El niño con el pijama de rayas |
3º ESO:
|
A lingua das bolboretas |
4ºESO:
|
A onda |
Os grupos de 4º ESO, como parte do seu traballo na materia de ÉTICA, decoraron o centro con cartaces e obxectos relacionados co tema da PAZ. Ademais, a
biblioteca preparou unha mini-exposición que nos lembraba cada un dos DEREITOS HUMANOS acompañados de datos sobre o seu grado de incumprimento no mundo actual.
O xoves, entre profesorado, alumnado e familias, organizamos un
MERCADIÑO SOLIDARIO. Aportamos cadaquén libros, xogos, xoguetes, películas, complementos... que puxemos à venta. Foi entón que todos e todas nos transformamos en compradores, e demos cabo de boa parte da mercadoría posta à venda. Recadamos, por agora, 260 euros, que doaremos a unha ONGd elixida pola comunidade (aceptamos propostas nos comentários).
No propio MERCADIÑO, as nosas compañeiras da
horta puxeron á venda as primeiras leitugas da tempada, para no seu caso, destinar o diñeiro a unha ONGd medioambiental, para proxectos de repoboación.
|
Meli mercando leitugas en presenza da fotógrafa da VOZ. |
Na
Voz de Galicia podedes ver unha reportaxe.
Como vedes, a semana foi completa... e o Entroido eis o vén...