jueves, 13 de octubre de 2011

Cadea Humana

Onte, día festivo e non lectivo, alumnado, profesorado, pais, nais e unha chea de amigos e amigas da Arousa, xuntámonos na esplanada do Bao pra unir a Illa co continente de mans dadas a través da ponte. A convocatoria foi un éxito, como podedes ver nas seguintes fotos, que no fixo chegar o amigo Cristóbal:


Panorámica da ponte e do camiño que recorremos


Moitos e moitas eramos!!


Solidariedade reflexada no piche


Gostades desta imaxe como símbolo?


O profesorado tamén levou a súa pancarta




E hoxe, claro está saímos na prensa, en toda con máis fotografías nas edicións en papel que nas dixitais:
Diario de Arousa
A voz de Galicia
Faro de Vigo.
Diario de Pontevedra.
El País
No Telexornal da TVE-Galicia (a partir do minuto 19.15)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Flipoume que participase tanta xente.
Unha lástima que pasaran de facer a cadea. A min os que viñan detrás non me daban a man nin pa dios. Faltaba compromiso. Se hoube máis xente organizando podía saír mellor pero o importante é chamar a atención aínda que non sexa coreando protestas é cantando muiñeiras, coma se estivesemos de festa.

Anónimo dijo...

Por certo
A LOITA CONTINUA CANDO A XENTE SAE A RÚA

Anónimo dijo...

Foi moi emocionante ver tantísima xente formando a cadea humana. Unha visión da ponte distinta e reivindicativa!! Ímolo conseguir!!!

Anónimo dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=ewPK4oalAFU

Anónimo dijo...

Antes de que o estrenasemos xa sabíamos que quedaba pequeno; por qué non se fixo nada ata agora?