lunes, 14 de noviembre de 2011

Programa Rotas Literarias

Hai tres anos fomos facer a Rota do Romanceiro Medieval pola provincia de Zamora.

Acabamos de darlle forma ao Proxecto que presentaremos para conseguir participar no Programa do MEC, Rotas Literarias.
Este programa consiste na relazación dunha Rota Literaria adicada a un/ha autor/a importante da Literatura Española. A viaxe ten unha duración dunha semana, durante a cal o grupo que participe convive con outro doutro centro educativo diferente. 
Esta tarde, ás 19.00 horas, teremos unha xuntanza con pais e nais de alumnado de 3º ESO para explicar as condicións da participación na actividade en caso de que o centro sexa seleccionado polo MEC. 

Agardamos ter sorte!



viernes, 4 de noviembre de 2011

II Día da Ciencia en Galego


Hoxe, 4 de Novembro, é o Día da Ciencia en Galego.

Desde o IES Illa de Arousa unímonos á convocatoria da Coordinadora Galega de ENDL e anotámonos a unha actividade diferente e novidosa: asistirmos a unha video-conferencia.
A conferencia levaba por título "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial", e o seu relator foi Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.
Ángel Carracedo é unha das eminencias mundiais en temas de xenética e ten colaborado coas institucións policiais e forenses en asuntos tan coñecidos como os atentados do 11M e 11S ou as tsunamis do Índico. Ao laboratorio que el dirixe na USC chegan solicitudes de axuda de todo o mundo.


A conferencia de Ángel Carracedo consistiu nunha introdución sobre o ADN como punto de partida para achegar as aplicacións da xenética no campo da investigación forense, área no que os grupos de investigadores liderados por Ángel Carracedo lideran a produción científica mundial. Unha vez que falou o relator, este foi respondendo a todas as dúbidas e curiosidades do alumnado participante facendo uso dun chat.

A conferencia foi retransmitida por internet a 100 centros galegos porque o científico se encontra nestes días na cidade brasileira de Natal asistindo a un congreso.

Aínda que esta actividade estaba recomendada para o segundo ciclo da ESO, vímonos obrigados a limitala aos grupos de 4º ESO, pois non tiñamos no centro un espazo con acceso a internet no que tamén collese o alumnado de 3º ESO.    
Nos próximos días será editado o vídeo da actividade, polo que poderemos gozala todas as persoas interesadas.

A CIENCIA e a TECNOLOXÍA, TAMÉN EN GALEGO!


jueves, 3 de noviembre de 2011

O Día de Pedir

Destrozar xanelas nunca foi tradicional
 Unha das cousas que nos gustan da Arousa é que nela siguen vivas tradicións xa mortas ou desaparecidas noutras zonas de Galiza. Igual aquí non perdura o Samaín, pero todo o mundo celebra o Día de Defuntos e, o día 2 de Novembro, o Día de Pedir.

Se o día 1 son os maiores os protagonistas, pois pasan a noite no cemiterio velando e lembrando os seus mortos, o Día de Pedir ten por protagonista a infancia: nenos e nenas saen aos camiños e van casa por casa "pedindo unha esmoliña, polos defuntiños que van alá". Aínda que pareza Hallowen, non o é.

O que non aparece recollido en ningunha ancestral tradición é aproveitar a noite de Defuntos para facer destrozos nas instalacións que son de todos e todas. Iso é algo que a veciñanza da Arousa non debería consentir. O que podería ser unha brincadeira infantil sen máis importancia que a que lle queiramos dar (tirar ovos ás fachadas das casas) leva uns anos virando nunha carta branca para protagonizar actos vandálicos.

Porque destrozar ano si e ano tamén o invernadoiro do Instituto (o noso invernadoiro, pagado cos cartos de todas e todos) non ten graza ningunha. Pero destrozar xanelas de aulas nas que estuda o alumnado da Arousa ten moita menos.

Estas actuacións, que se aproveitan da tradición só para facer mal, non deberían ser respaldadas, protexidas, ou amparadas por ninguén.

E resulta penoso que os esforzos de TODA a Comunidade Educativa da Arousa (profesorado, pais e nais, institucións) sexan desprezados, precisamente, polas persoas destinatarias de toda esa loita.

jueves, 27 de octubre de 2011

Chegou o Samaín...

...e como temos unha horta moi produtiva, podemos celebralo ecolóxicamente!!

Nunha simbiose sem precedentes entre a Biblioteca e o voluntariado da Horta, organizamos un Obradoiro de Cabazas Terroríficas.

Comprendemos desta maneira a orixe ecoloxista do Samaín, pois nós aproveitamos para a actividade as cabazas da horta que xa ninguén quixo para cremas e sopas. Como choveu, e non pouco, estes días, tivemos que facer o traballo na entrada do centro, que non é o lugar máis cómodo, pero aínda así, nun par de recreos, houbo curre, voluntariado e resultados.

Baleirando cabazas

Merendando cerebro de calacús

miércoles, 26 de octubre de 2011

Xuntanza para nais e pais de 1º ESO

Facendo actividades no CEAM de Viérnoles, Cantabria

O Xoves, 27 de Outubro, ás 19.30 da tarde, teremos unha xuntanza na Biblioteca do IES Illa de Arousa para informarvos sobre a solicitude de participación do centro no Programa de Centros de Educación Ambiental, que convoca o Ministerio de Educación.

A participación neste Programa daríanos a posibilidade de facer unha viaxe dunha semana a Cantabria ou Zamora cun grupo de ata 24 nenos e nenas de 1º ESO.

Nesta xuntanza vos explicaremos en que consiste o proxecto e que condicións debe cumprir o alumnado que queira participar.

martes, 18 de octubre de 2011

Onte recollemos o noso premio!!

Onte recollemos o noso 2º Premio no Festival de Cine de Ourense.
Saímos en prensa:
- "Premio cinematográfico para o IES Illa de Arousa" La Voz de Galicia
- "La generación digital revela su creatividad audiovisual" La Región
- "Gala Ouff Escola"Páxina oficial do Festival de Cine de Ourense

Falan de nos en blogues, etc
"...A curta premiada, titulada “O xefe Seattle, salvaxe?” competía con outras 40 curtas chegadas de institutos de toda Galicia"
"... Así pois, paga a pena visualizar esta curta, tanto pola súa mensaxe de valor incalculable, como polo xenial traballo destes rapaces."
"Os rapaces do IES Illa de Arousa gañan o 2º premio de curtas" Blog Augamorta
Cultura Galega




O xefe Seattle: salvaxe? from Ourense Film Festival on Vimeo.

jueves, 13 de octubre de 2011

Cadea Humana

Onte, día festivo e non lectivo, alumnado, profesorado, pais, nais e unha chea de amigos e amigas da Arousa, xuntámonos na esplanada do Bao pra unir a Illa co continente de mans dadas a través da ponte. A convocatoria foi un éxito, como podedes ver nas seguintes fotos, que no fixo chegar o amigo Cristóbal:


Panorámica da ponte e do camiño que recorremos


Moitos e moitas eramos!!


Solidariedade reflexada no piche


Gostades desta imaxe como símbolo?


O profesorado tamén levou a súa pancarta




E hoxe, claro está saímos na prensa, en toda con máis fotografías nas edicións en papel que nas dixitais:
Diario de Arousa
A voz de Galicia
Faro de Vigo.
Diario de Pontevedra.
El País
No Telexornal da TVE-Galicia (a partir do minuto 19.15)

viernes, 7 de octubre de 2011

Gañamos o 2º premio

Por fin unha boa noticia para o nos instituto!!
Gañamos o 2º premio no Festival Internacional de Cine de Ourense coa curta que fixemos e presentamos ao Certame Ouff Escola.
O título da nosa curta: "O xefe Seattle:salvaxe?"

O xefe Seattle: salvaxe? from Ouff on Vimeo.


O Luns 17 de Outubro iremos a recoller o premio e se proxectará no Festival!!!
Somos os mellores!!

jueves, 8 de septiembre de 2011

Moito aprendemos!

Fotografía na Voz de Galicia
Moito aprendemos onte!
Que alumnos e alumnas están dispostas a colaborar para que o centro mellore.
Que podemos contar con pais e nais.
Que o profesorado está aí cando fai falta.
Que todas xuntas podemos facer máis forza.
Que podemos dar exemplo de comunidade escolar real e unida!

Na prensa:

DEFENDAMOS unha Educación Pública de Calidade

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Movémonos

Xoves, 8 de Setembro, ás 12 da mañá


No IES Illa de Arousa COMEZA O CURSO ESCOLAR

Nais, pais, profesorado e alumnado

Aprenderemos a reivindicar 
unha educación pública e de calidade

jueves, 1 de septiembre de 2011

Na prensa

Onte saiu unha nova no Faro de Vigo na que se informaba dos resultados da Asemblea. Na edición dixital non aparece e por iso non a podemos colocar aquí. Hoxe aparece a información no xornal La Voz de Galicia. No Diario de Arousa aparece un pouco enguedellada con informacións sobre o CEIP Torre-Illa, que tamén sofre problemas de espazo.

miércoles, 31 de agosto de 2011

Asemblea de Pais e Nais. Resolucións.

Esta é Asemblea de Madrid. Na Arousa non eramos tantos, pero por aí lle andamos.

No día de onte, 30 de Agosto de 2011, no Salón de Plenos do Concello da Illa de Arousa, foi celebrada unha asemblea xeral para analizar a situación do IES Illa de Arousa de cara ao curso 2011-2012.
A esta asemblea asistiron representantes do profesorado do centro, do cal o equipo directivo explicou a situación, mais dun cento de pais e nais do alumnado e representantes dos partidos políticos con presenza na corporación municipal.

O IES Illa de Arousa non conta este curso nin con profesorado nin con espazos suficientes para ofrecer a oferta educativa que ten autorizada. A pesar de serlle concedido un grupo máis de alumnado que o curso pasado, pasando a contar con un PCPI (Programa de Cualificación Profesional Inicial) que viña sendo reivindicado hai anos, foi reducido o número de docentes nunha praza completa e outra compartida. É dicir, a máis grupos, menos profesorado.
Ademais disto, non se acepta a reivindicación do centro de contar con tres segundos da ESO, para reducir a conflitividade e mellorar a atención educativa.
Polo que respecta aos espazos, novamente se pon en evidencia a falta de aulas da que sofre o centro desde a súa creación, non tendo suficientes neste momento para atender a oferta autorizada pola propia Consellaría de Educación.

Durante a asemblea foi posto en destaque por pais e nais que tomaron a palabra, que este é un problema xa denunciado no curso pasado e sobre o que a Consellaría non tomou medidas, a pesar de terse comprometido a iso coa comisión creada ao efecto. Lembrouse que as familias abandonaron as mobilizacións en Setembro de 2010 despois da promesa de ser recibidos polo Xefe Territorial de Pontevedra, para analizar a situación crónica de déficit do centro e darlle solución, xuntanza que nunca chegou a celebrarse.
Por esta mesma razón, a Asemblea optou por solicitar unha xuntanza urxente co Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, para esixir a resolución destes problemas antes do comezo de curso, o vindeiro 16 de Setembro. Esta solicitude foi asinada e respaldada por unha comisión de pais e nais, de profesorado e así mesmo polo alcalde da Illa de Arousa e representantes dos tres grupos políticos do Concello: PSOE, PPdG e BNG.
Se esta comisión non é recibida polo Conselleiro, anunciará mobilizacións para os próximos días, pois as familias da Arousa non van consentir que a educación dos seu fillos e fillas sexa de peor calidade do que até agora.

A Illa de Arousa, 31 de Agosto de 2011

martes, 23 de agosto de 2011

ASEMBLEA XERAL


DIRIXIDA A: 
  • Pais e nais de todo o alumnado do IES ILLA de AROUSA
  • Todas as persoas interesadas
ASUNTOS:
  • Falta de recursos (profesorado e espazos) no IES Illa de Arousa
  • Posibles medidas de presión a adoptar
DATA:

Martes, 30 de Agosto de 2011, ás 20.00 horas

LUGAR:

Salón de Plenos do Concello da Arousa.



lunes, 8 de agosto de 2011

De crise e reformas

O conselleiro de Educación visitou Cambados para anunciar reformas nos seus centros educativos.
O IES Illa de Arousa leva anos sufrindo a precariedade dunhas instalacións que non son suficientes para dar a debida atención ao alumnado que recibe.
Desde o incio da súa actividade houberon de ser realizadas varias obras para acondicionar novos espazos que fixeran frente ás necesidades pedagóxicas do centro:
  • Foi eliminada a cafetaría para crear unha aula de informática (seique os centros de dúas liñas non tiñan que usar as TIC)
  • Foi transformado o almacén para crear unha aula de Audiovisuais.
  • Foi reutilizada a aula de Plástica para aula de referencia
  • Foron eliminadas as bancadas do pavillón para construir nese espazo unha nova aula de Plástica.
  • Foron eliminados dous Departamentos Didácticos para dotar unha segunda aula de informática (porque resulta que nos centros de dúas liñas si son usadas as TIC)
Seguimos tendo escasez de espazos para poder facer desdobres e grupos máis pequenos.
Por iso, nos últimos tempos vimos reclamando reformas no centro para adaptalo ás súas necesidades reais, propondo o propio centro alternativas varias para aforrar os custos dunha, en realidade, indispensábel ampliación. Sen ir máis lonxe, para o curso 2011-2012 precisamos de dúas aulas máis que NON TEMOS. 
A razón para negar estas reformas é a crise. Crise que, polo que vemos, non afecta igual en todas as partes:

NON O ENTENDEMOS.

DEFENDAMOS UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA DE CALIDADE



miércoles, 3 de agosto de 2011

Asemblea Urxente

ASEMBLEA INFORMATIVA


TEMA: FALTA DE PROFESORADO PARA O CURSO 2011-2012

DIRIXIDA A:
  • PAIS E NAIS DE ALUMNADO QUE CURSARÁ 2º ESO
  • PAIS E NAIS DE ALUMNADO QUE CURSARÁ 3º ESO-PDC
  • TODAS AS NAIS E TODOS OS PAIS INTERESADOS
CONVOCA: EQUIPO DIRECTIVO DO IES ILLA DE AROUSA

DATA: 11 DE AGOSTO  DE 2011

LUGAR: BIBLIOTECA DO IES ILLA DE AROUSA

HORA: 20.00 horas.

Redución de Profesorado para o curso 2011-2012


Durante o mes de Xullo, o equipo directivo do centro estivo negociando o profesorado para o curso 2011-2012. 
Preparamos informes, dos que fixemos entrega á Inspección Educativa, nos que argumentabamos a necesidade de:
  • dotar o Centro de máis espazos para aulas
  • contar con tres 1º ESO debido ao aumento de matrícula 
  • poder desdobrar un dos 2º ESO para reducir a conflitividade nese nível e mellorar o seu rendemento académico.
  • contar con  grupo de PDC en 3º ESO
  • contar cun PCPI
  • contar cun mestre/a especialista en Pedagoxía Terapéutica para reforzar a Atención á Diversidade
Para todo isto solicitabamos unha plantilla de 28 profesores/as 

 Con todas estas medidas pensamos que podemos dar a atención que o noso alumnado necesita para aumentar o número de titulados no centro e reducir ao mínimo o fracaso escolar.

A resposta da Consellaría consistiu en:
  • dar permiso para organizar tres 1º ESO 
  • conceder ao centro a organización de Agrupamentos Específicos en 2º ESO, un PDC de dous anos en 3º ESO e un PCPI.
  • dar a calada por resposta á necesidade de novas aulas
  • conceder 25 profesores/as, dos que un sería exclusivamente para o PCPI. 
CONSECUENCIAS: na práctica non podemos levar adiante todas as medidas concedidas porque non contamos nin con AULAS nin con PROFESORADO suficiente.

POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE

 

jueves, 28 de julio de 2011

Atención á Diversidade

No IES Illa de Arousa, como noutros centros de secundaria, levamos anos traballando co obxectivo de que poida titular a maioría do alumnado que comeza en 1º ESO. Para iso hai unha serie de medidas que as leis educativas nos permiten poñer en marcha para axudar aos nenos e nenas que presenten máis dificultades. Son mecanismos que garanten unha educación de calidade.
Pero eses mecanismos precisan de PROFESORADO, algo que a Consellaría non concede. Por tanto, esa atención á diversidade está en perigo, e con iso as posibilidades de TITULAR son menores para parte do noso alumnado.
Tentamos explicalo brevemente na seguinte presentación:

DEFENDAMOS UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE.