jueves, 27 de octubre de 2011

Chegou o Samaín...

...e como temos unha horta moi produtiva, podemos celebralo ecolóxicamente!!

Nunha simbiose sem precedentes entre a Biblioteca e o voluntariado da Horta, organizamos un Obradoiro de Cabazas Terroríficas.

Comprendemos desta maneira a orixe ecoloxista do Samaín, pois nós aproveitamos para a actividade as cabazas da horta que xa ninguén quixo para cremas e sopas. Como choveu, e non pouco, estes días, tivemos que facer o traballo na entrada do centro, que non é o lugar máis cómodo, pero aínda así, nun par de recreos, houbo curre, voluntariado e resultados.

Baleirando cabazas

Merendando cerebro de calacús

1 comentario:

bibliarousa dijo...

Desde a biblioteca queremos agradecer a colaboración d@s voluntari@s. Lástima que algunhas non chegaron a tempo para o concurso. Aínda así podemos expoñelas nos próximos días.
Saúde e Terra