O conselleiro de Educación visitou Cambados para anunciar reformas nos seus centros educativos. |
O IES Illa de Arousa leva anos sufrindo a precariedade dunhas instalacións que non son suficientes para dar a debida atención ao alumnado que recibe.
Desde o incio da súa actividade houberon de ser realizadas varias obras para acondicionar novos espazos que fixeran frente ás necesidades pedagóxicas do centro:
- Foi eliminada a cafetaría para crear unha aula de informática (seique os centros de dúas liñas non tiñan que usar as TIC)
- Foi transformado o almacén para crear unha aula de Audiovisuais.
- Foi reutilizada a aula de Plástica para aula de referencia
- Foron eliminadas as bancadas do pavillón para construir nese espazo unha nova aula de Plástica.
- Foron eliminados dous Departamentos Didácticos para dotar unha segunda aula de informática (porque resulta que nos centros de dúas liñas si son usadas as TIC)
Seguimos tendo escasez de espazos para poder facer desdobres e grupos máis pequenos.
Por iso, nos últimos tempos vimos reclamando reformas no centro para adaptalo ás súas necesidades reais, propondo o propio centro alternativas varias para aforrar os custos dunha, en realidade, indispensábel ampliación. Sen ir máis lonxe, para o curso 2011-2012 precisamos de dúas aulas máis que NON TEMOS.
A razón para negar estas reformas é a crise. Crise que, polo que vemos, non afecta igual en todas as partes:
- CEP Antonio Magariños, de Cambados.
- IES de Meaño.
- Anuncio de inversións en Vilalonga e Dorrón, Sanxenxo.
NON O ENTENDEMOS.
DEFENDAMOS UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA DE CALIDADE
No hay comentarios:
Publicar un comentario